O conselleiro de Cultura propón trasladar os restos de Valle-Inclán ao Panteón de Galegos Ilustres

Bonavalle-Inclán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A inauguración do novo auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal serviu para que o conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela aproveitase para propor o traslado dos restos do escritor ao Panteón de Galegos Ilustres. Pérez Varela fixo un chamamento público á “xenerosidade” da familia para que permita que o dramaturgo teña a súa morada final na capela da igrexa de San Domingos de Bonaval onde xa descansan Rosalía e Castelao. Sen embargo, admitiu que logo dos primeiros contactos coa familia Valle, estes non se amosan “moi convencidos” coa proposta.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Panteón de Galegos Ilustres, Xesús Pérez Varela, Castelao, El Correo Gallego...