Pérez Varela propón trasladar a Valle-Inclán ao Panteón de Galegos Ilustres mentres Alonso Montero solicita coordinación para difundir a súa obra

Outra lousa para Valle

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O congreso “A Galicia de Valle-Inclán” comezaba onte na Pobra do Caramiñal coa intervención do conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, que lembrou a súa solicitude de hai xa un ano para que os restos do escritor pasen a repousar no Panteón de Galegos Ilustres. No mesmo acto, o académico Xesús Alonso Montero reclamou unha maior coordinación á hora de estudar a obra de Valle e reclamou que non cómpre traducilo nin para o castelán nin para o galego, xa que ao seu ver, o autor escribiu nun dialecto artístico que hai que respectar.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe a proposta de Pérez Varela hai un ano nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Panteón de Galegos Ilustres, Xesús Alonso Montero, Xesús Pérez Varela, Galicia Hoxe...