O Museo de Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal recibirá dentro duns meses a exposición "Valle-Inclán y su época" que lle vén de doar o Museo Nacional do Teatro de Almagro. Continuando co autor galego, a Univesidade de Santiago vén de editar, en colaboración coa Universidade de Colorado en Boulder o "Anuario Valle-Inclán (I, 2001) no que se recollen diferentes artigos sore a vida e a obra do escritor.
Doazón
O Museo Nacional do Teatro de Almagro vén de doar o Museo Valle-Inclán do Concello da Pobra do Caramiñal o material da mostra Valle-Inclán y su época", organizada por este museo e que ten percorrido toda España, chegando a exporse en ParÃs.
A mostra, que chegará a Galicia dentro duns meses, inclúe cen fotos do autor e abondosas caricaturas organizadas e sesenta paneis informativos.
Segundo Antonio González, concelleiro de Cultura da Póboa, esta mostra ten unha lagoa importante na vida de Valle, xa que non inclúe a súa etapa galega. A intención do Concello e completar a información sobre esta etapa co material do que dispón.
Con esta mostra realizarase unha reorganización do museo, situado na Torre de Bermúdez. Cando se instale a exposición, os tres andares da torre pasrán a acoller obxectos persoais e documentos do escritor, mentres que o anexo do edificio dedicarase a exposicións. Onda o material da mostra, o Ministerio de Cultura achegará á Pobra os facsÃmiles da mostra de carteis sobre a presencia de Valle nos teatros da súa época.
Antonio González sinala a importancia da súa recente viaxe a Madrid á hora de xestionar estas aportacións. Ademais, durante a súa estancia na capital de España, González adquiriu para o concello catro cartas do autor gracias ó patrocinio de diferentes empresas da zona. Ademais, prometeu para o vindeiro mes importantes novidades en canto á documentación biográfica de Valle-Inclán e anuncou que durante o vindeiro ano os visitantes do museo veranse agasallados cun facsÃmil do xornal "El Pueblo Gallego" de 1935 que ten a Valle na portada.
Anuario
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración coa Universidade de Colorado en Boulder, veñden de editar o "Anuario Valle-Inclán (I, 2001)". Esta publicación, vencellada á revista "Anales de la literatura española contemporánea" pretende constituÃrse no cauce de expresión das investigacións sobre Valle-Inclán no hispanismo internacional.
O anuario organÃzase en seccións fixas nas que se irán publicando as diferentes colaboracións. AsÃ, poderán publicarse artigos, bibliografÃa, reseñas crÃticas, documentación e testemuños gráficos.