A mostra "Valle-Inclán e a súa época" chegou esta fin de semana ó seu destino definitivo, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, logo de pasar por varios paÃses do mundo desde a súa inauguración en 1978. Mentres,as Xornadas Culturais poñen de actualidade o Museo Vivinte do Mel de Portodemouros, e en Xinzo retrásanse as obras do Museo Galego do Entroido por falta de orzamento.
O tempo de Valle
Un percorrido pola vida e o tempo de Valle-Inclán a través de carteis, retratos e obxectos do seu tempo é o que propón a mostra "Valle-Inclán y su época". Esta exposición, inaugurada en Mexico en 1978 vén de chegar ó museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal como resultado dunha doazón feita polo Museo Nacional do Teatro de Almagro.
Nesta exposición poden verse corenta e catro carteis qu einclúen debuxos de Castelao, Maside, Goya, Picasso ou Juslio Romero de Torres, amosándonos distintas visións sobre o autor e sobre o mundo que o rodeaba. Ademais pódense ver fotografÃas do autor, datos da sociedade, e os carteis nos que se reflicte a presencia de Valle-Inclán no teatro da súa época.
A mostra foi inaugurada o pasado sábado polo conselleiro da Presidencia Xaime Pita Varela. Tamén foi estes dÃas cando Vilanova inaugurou o seu propio museo sobre Valle-Inclán contando coa presencia do vicepresidente do Goberno Mariano Rajoy.
Museo do mel
O Museo Vivinte do Mel de Portodemouros celebrou esta fin de semana as súas Xornadas Culturais subvencionadas pola Deputación da Coruña, que incluÃron a visita dos alumnos das Escolas Unitarias de Boqueixón e Vedra. Nestas xornadas, os catro monitores deste museo ensináronlle ós escolares os diferentes tipos de abellas e de flores empregadas para a fabricación de mel, asà coma os procesos de recollida deste alimento e os productos que se poden confeccionar cos materiais das colmeas. Tamén se coñeceron as diferentes ferramentas empregadas na apicultura e os visitantes levaron para casa productos derivados do traballo das abellas.
O Museo Vivinte do Mel naceu en 1964 coma unha iniciativa privada de Isidro Pardo Varela ata que en 1994 se inauguraron as súas actuais instalacións xa con apoio oficia. Ademais de coidar das abellas e recompilar material do máis variado sobre a apicultura, o museo organiza visitas guiadas para os colexios interesados e unha vez ó ano organiza as Xornadas Culturais. Ademais, no mesmo centro véndense todo tipo de producto elaborados a partir do traballo das abellas.
Retraso no Entroido
Un novo retraso nas obras provocará que a primeira fase do Museo Galego do Entroido non poida abrir as súas portas antes do verán. Farao cunha mostra de fotografÃas e material sobre o Entroido. Sen embargo, a falta de financiamento pon en perigo a finalización do proxecto, que incluÃa a organización de obradoiros de máscaras tradicionais e o intercambio de pezas a nivel europeo. Desde o Concello de Xinzo agardan poder completar as obras de rehabilitación do primeiro andar do mercado e construÃr o anexo proxectado mediante fondos do Plan Leader da Unión Europea ou a través dun convenio coa ConsellerÃa de Cultura. AÃnda restan por investir case trescentos noventa mil euros dos seiscentos mil en que estaba orzamentado o proxecto. As previsións iniciais eran que o museo estivese rematado antes do verán do próximo ano.