
Carmucha VST é froito do traballo e empeño de Carlos Lijó (Lijas Virtual Sampler) e MOB Studios para achegar os ritmos da nosa tradición musical aos creadores actuais coas ferramentas dixitais que son de manexo máis habitual, por parte de artistas de calquera xénero musical. Os patróns preséntanse en dobre formato: VST, para o seu uso en programas de produción musical e Standalone, como aplicación independente cos usos fundamentais de reprodución para usarse con fin didácticos, xa sexa de baile coma dos propios instrumentos. A ferramenta ademais permite escoller entre a sección de Foliada, onde reproducirase toda a agrupación instrumental e a de Instrumento, na que soará cada instrumento de forma individual. Ofrece tamén múltiples opción creativas de manexo destes "samples", como efectos, variacións de velocidade e outras posibilidades que conduzan a un manexo imaxinativo das bases.
Lindisfarme
Carmucha VST é o primeiro pero xa hai máis iniciativas que entenden como moi necesario e demandado o achegamento das bases da música tradicional ao seu manexo virtual dixital. É o caso do proxecto Lindisfarne Sample Pack que este sábado preséntase no marco do festival WOS x Son Estrella Galicia en Santiago de Compostela. Este proxecto ofrece un paquete de 55 'samples' de pandeireta galega interpretados por Xabier DÃaz e procesados polos produtores Juait e crnds. Preséntase como a primeira dunha serie de entregas que conformarán un "sample pack" baseado na música tradicional de Galicia que xa pode adquirirse. O proxecto aspira a converterse nunha ferramenta de calidade para produtores interesados en integrar elementos vencellados á música tradicional galega nas súas producións de todo tipo. Este saábado na Sede de AFundación de Santiago levarase a cabo un obradoiro da man de Xabier DÃaz e os produtores, no que o público asistente achegarase á singularidade das xotas e das muiñeiras, mentres que Juait e crnds demostrarán como os sistemas de gravación e procesamento de audio dixital poden analizar estes patróns. O obradoiro pecharase cun exemplo práctico sobre o uso do "sample pack" e no que, a partir dunha muiñeira, producirán un tema para o clubbing.