Quiosco: Feito na Casa 1

A nova publiación dixital centra a súa atención na música e na cultura popular

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Quiosco: Feito na Casa 1

Co subtítulo de Revista dixital de cultura tradicional está xa dispoñible para libre descarga o primeiro número de Feito na Casa. A publicación, desenvolvida desde Animaxes AV, atende nesta entrega ao traballo do dúo musical compostelán Verdegaio, presenta unha entrevista ao fotógrafo Juan Luís Rúa e mais dá unha ollada ao obradoiro de César Loureiro. Ademais, X.H. Rivadulla Corcón achega un artigo sobre símbolos da cultura mariñeira en Muxía, e os propios promotores do proxecto se presentan nun breve texto. De cara ao futuro, a revista promete manter seccións sobre fotografía, música e obradoiros artesáns entre outros contidos.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Grial 187

Quiosco: Grial 187

A lectura dixital centra o último número da revista cultural

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Fotografía, Muxía

Claves

Conceptos
Lugares