Quiosco: Caleidoscópica 4

A revista dixital de fotografía achega 294 páxinas de contidos na súa nova entrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Quiosco: Caleidoscópica 4

Co lema Tránsitos está xa na rede a cuarta entrega da revista dixital de fotografía Caleidoscópica. Nesta xeira, a publicación desenvolvida por Charo Lopes, Miguel Auria, Pilar Abades e Xiana Quintas suma 294 páxinas cunha nutrida nómina de colaboradores. Graffitis, escaleiras, centros sociais autónomos, peregrinacións, o puerperio ou os pobos de colonización son algúns dos eixes que se abordan en diferentes reportaxes fotográficos. Canda a eles, unha entrevista a Anabel Varela e o seu proxecto de cociña vegana no rural Black Emma, a reflexión sobre o urbanismo periférico de Ergosfera, as imaxes da Limia ou unha reflexión da fotografía postmortem son outros contidos da entrega.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Pilar Abades, Ergosfera, Limia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares