O pasado 28 de novembro presentábase na galerÃa Photo Art de Ourense, no marco do Outono Fotográfico, Caleidoscópica. Esta publicación dixital, centrada na fotografÃa, nace con vocación de ser anual. Ana Parada, Charo López, Miguel Auria, Pilar Abades, Sabela Iglesias, Silvia Mella e Xiana Quintas, todos eles vencellados co mundo do xornalismo e da imaxe, son os responsables da proposta. A primeira entrega conta con traballos dos promotores ademais de colaboracións de VÃtor Vaqueiro, que asina un texto sobre fotografÃa e paisaxe, e Inés Salvado. Para alén de reportaxes fotográficas, no número pódese ler tamén unha entrevista a DelfÃn Blanco e curiosidades como as follas de contactos coas fotos descartadas de diferentres traballos que se presentan. En total, a publicación achega 200 páxinas de imaxes e reflexións.