O Museo de Pontevedra acolle este domingo 14 de maio unha homenaxe a Carlos Taboada. Un encontro de urban sketchers que se desenvolve no marco da Bienal de Pontevedra lembrará o ilustrador, editor e fundador do colectivo Polo Correo do Vento falecido o pasado mes de agosto.
As persoas participantes desenvolverán os seus debuxos en cadernos dentro do centro ao longo da mañá, nun programa que inclúe unha visita guiada á exposición da Bienal de Arte de Pontevedra. Ás 12 da mañá o salón de actos do museo acollerá o acto de homenaxe específico, coordinado por Kike Mauricio, compañeiro de Taboada en Polo Correo do Vento, Ana Neira Soteliño e Antón Sobral.
Taboada, que faleceu o pasado 13 de agosto aos 45 anos, desenvolveu un intenso labor editorial, como ilustrador e activista cultural en diferentes entidades.