A Bienal Pintor Laxeiro contará con 6.000 euros para novas obras

O programa de exposicións arrincará o vindeiro mes de maio

21/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Coa intención de renderlle homenaxe ao pintor Alfonso Sucasas, recentemente falecido, a XI Bienal Pintor Laxeiro abrirá as súas portas o vindeiro mes de maio en Lalín. O evento tamén lembrara a Paco Lareo, da Fundación A Solaina de Piloño, falecido en outubro. Nesta xeira, a Bienal ve reducido o seu orzamento para a adquisición de obras nun 50%, quedando somente con 6.000 euros para novas incorporacións. Os interesados en participar no evento, teñen aberto o prazo para enviar as súas propostas entre o 1 e o 15 de marzo.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Exposicións, Lalín

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares