Comeza a XI Bienal Pintor Laxeiro con Sucasas como artista convidado

Na clausura entregaranse dúas bolsas para a Xuntanza Internacional Artes Plásticas

10/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Esta tarde arrinca en Lalín a XI Bienal Pintor Laxeiro. Unha edición composta por 52 obras gañadoras nas disciplinas de pintura, escultura e fotografía. O espazo expositivo distribúese entre o Museo Municipal e o Espazo Cultural do Castro Tecnolóxico, o edificio do concello de Lalín. Nesta edición o artista convidado é Alfonso Sucasas (1940-2012)do que se exhibirán 11 obras. A bienal contará cun catálogo financiado pola Consellería de Cultura e Educación, quen tamén facilitará a distribución. A mostra clausúrase o 7 de xuño, día que se fará entrega das dúas bolsas para participar na XII Xuntanza Internacional Artes Plásticas en xullo de 2014. Esta edición só terá 6.000 euros para compra de obra.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Lalín, Fotografía, Educación...

Claves

Protagonistas
Lugares