Lalín acolleu esta fin de semana un encontro inusual de promesas e non tanto das artes plásticas. A súa visita non era casual, pretendían dar a coñecer a través dunha mostra que se exhibe no museo municipal o traballo realizado do 7 ó 13 de xullo na bienal VI Xuntanza Obradoiro das Artes Plásticas. Un traballo no que a Solaina de Piloño, un pequeno centro cultural, foi a inspiradora e promotora.
En Piloño (Vila de Cruces) érguese rexia unha solaina que pervive ó paso do tempo con frescura e dignidade. Na que foi a casa do Ferreiro conviven fraguas, signos dun pasado que non volverá, e dun oficio que nesta Galicia do progreso se perde con présa, con cadros, libros e coa arte a secas. A solaina, antigo lugar para secar herba, convértese hoxe en día nun secadoiro de manifestacións culturais. Este sábado o museo de Lalín abría as súas portas á última desas mostras que se realizaron na Solaina: a VI Xuntanza Obradoiro das Artes Plásticas.
O obradoiro de artes
A xuntanza naceu cunha finalidade didáctica que vai moito máis alá de dotar de contido a un espacio sito nun entorno privilexiado. Damián Paío, vocal do padroado que xestiona e dirixe a Solaina, afirma que nós o que intentamos, é abrir uns canles para poder participar noutros eventos de carácter internacional. Unha especie de bolsa de estudios, pero máis próximo á figura do intercambio. Paío defíneo como unha xuntanza internacional para traer aquí a xente de fóra e para poder logo viaxar de aquí a alá. É unha forma pouco convencional de abrir camiño, de ver novas experiencias, técnicas de traballo de distintos artistas. E o traballo consiste en que durante unha semana, cada dous anos, un grupo de artistas do panorama internacional previamente seleccionados (con reservas para os artistas do Deza e 4 prazas para os estudiantes de Belas Artes de Pontevedra) convivan na Solaina ó tempo que crean unha obra. E neste empeño gozan da axuda doutras institucións ou persoas destacadas do panorama artístico internacional.
Os encontros desta edición, que se fixeron para honrar a figura e o homenaxe do pintor Manuel Pesqueiro, contan coa colaboración da Harlech Biennale do País de Gales. Unha entidade que aporta tres artistas coñecidos no panorama internacional: o escultor galés John Brown, o pintor Andrew Smith e a pintora catalana Eva Bosch son algúns dos que estiveron en Piloño do 7 ó 13 de xullo para desenvolver os seus proxectos. E como contrapartida, xa que este é un proceso migratorio artístico de ida e volta., serán Francisco Lareo, Armindo Salgueiro e Álvaro Negro os invitados á participar na Harlech Biennale.
Traballan sobre a súa propia idea, só lles pedimos un listado no que detallen os materiais que van precisar, para que poidan levar adiante o que pretendían. Pero se lles vén a inspiración divina, poden cambiar de proxecto. Deste xeito Paío deixa claro a liberdade e o espírito imaxinativo do traballo dos artistas convidados. E o resultado exhíbese no Museo Municipal de Lalín antes de pasar a formar parte da pinacoteca da Solaina que amplía os seus fondos con iniciativas como esta. Unha mostra que ten o seu catálogo, que subvenciona a Consellería de Cultura, e que ten un custe aproximado de 18.000 euros.
Unha Solaina moi persoal
A Solaina de Piloño é o soño, a debilidade e a imaxinación do pintor Francisco Lareo, que doou unha propiedade familiar para servir de niño dos novos (e non tan novos) valores de calquera manifestación artística. Dá igual que sexan artes plásticas (co encontro que se celebra en anos pares) ou literarias (cun encontro a Forxa literaria que traslada ó mundo das letras o espírito que fixo co mundo da arte). Desde a constitución do Padroado que establece os principios rectores desta entidade cultural, organízanse as actividades que alberga a Solaina actualmente. Da súa man foi como se puido ver ós mozos da Xoven Orquestra Sinfónica ensaiando polos prados onde pastaban as vacas, onde Bernardiño Graña e Yolanda Castaño fixeron recitais de poesías, onde houbo cursos de pintura para nenos e centos de actividades levadas adiante con moita imaxinación e poucos recursos económicos. Un reducto de romanticismo artístico, de creación e traballo a prol da imaxinación do país, combinado nun entorno paisaxístico privilexiado que loita contra o esquecemento con actividades culturais que transcenden as nosas fronteiras culturais, lingüísticas e xeográficas.