A Fundación MOP abre ás portas do mundo fotográfico de Annie Leibovitz

'Wonderland' supón a primeira gran retrospectiva da artista en España

'Wonderland' supón a primeira gran retrospectiva da artista en España
Self portrait, 2021. ® Annie Leibovitz
A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ven de celebrar o evento de apertura oficial da súa nova exposición 'Wonderland' que mañá xa estará aberta para o público xeral nos Peiraos de Batería da Coruña. 'Wonderland' supón a primeira gran retrospectiva en España da obra da fotógrafa e retratista Annie Leibovitz (Connecticut, 1949), figura clave da iconicidade do sector cultural anglosaxón do século XX e XXI. A nova exposición da Fundación MOP, poderá visitarse desde o 22 de novembro ata o vindeiro 1 de maio de 2026. A mostra desprega na súa amplitude o universo fotográfico de Leibovitz: arranca co traballo dos seus primeiros anos, con retratos íntimos de músicos para a revista Rolling Stone, e percorre toda a súa traxectoria posterior nos mundos da arte, o cine, a música, o deporte ou a política para dar paso, por último, a unha ampla selección da súa fotografía de moda, gran parte de la cal nunca se expuxera ao público antes.

Wonderland consta de catro secciones diferenciadas que nunca antes foron presentadas xuntas nunha única mostra. A exposición arranca cunha instalación inmersiva do traballo de Leibovitz cos Rolling Stones, cando, en 1975, Mick Jagger lle pedíu que fose a fotógrafa da xira da banda. A continuación, as seccións 'Early Years' e 'Stream of Consciousness' amosan a evolución dos códigos da fotógrafa nos seus diferentes estilos e plasman o seu proceso de creación a e súa voz narrativa. Ambas seccións presentan coñecidos retratos de escritores, intérpretes e artistas visuais emblemáticos, xunto con imaxes de paisaxes, interiores e obxectos.

A derradeira sección, que dá título á exposición, 'Wonderland', presenta máis de 100 impresións e instalacións de vídeo sobre o seu traballo no mundo do estilo e a moda. Desde as súas primeiras reportaxes para Vogue, que bebían dos contos de fadas que lía ás súas fillas, Annie foi construíndo unha formidable obra que inclúe algunhas das imaxes de moda máis icónicas de todos os tempos. A exposición está acompañada por unha película e unha publicación producidas para a ocasión pola Fundación MOP con entrevistas con estreitos colaboradores de Leibovitz ao longo da súa carreira.