A Fundación Marta Ortega trae á Coruña a "realidade e a ficción" de Helmut Newton

A exposición pode visitarse ata o 1 de maio

A exposición pode visitarse ata o 1 de maio
© Helmut Newton, Bordighera Details, Italian Vogue, Bordighera, Italy, 1982
O porto da Coruña acolle a nova exposición da Fundación Marta Ortega: "Helmut Newton. Fact & Fiction", que acolle unha retrospectiva das fotografías desde autor xermano-australiano e que se realiza en colaboración coa fundación do propio fotógrafo. A exposición, comisariada por Philippe Garner, Matthias Harder e Tim Jefferies, presenta "a colección das imaxes máis icónicas de Helmut Newton, "incluíndo Rue Aubriot e Big Nude III e os seus memorables retratos de personaxes tan famosas coma David Bowie, Naomi Campbell, Karl Lagerfeld, Charlotte Rampling, Yves Saint Laurent, Margaret Thatcher e Andy Warhol". Para a fundación, "ao longo das súas seis décadas de carreira, Helmut Newton chegou a ser considerado un dos fotógrafos máis importantes do mundo. Segue exercendo hoxe en día unha gran influencia na fotografía moderna e nas artes visuais".