A Fundación MOP abre hoxe a mostra fotográfica de Steven Meisel

O espazo do porto da Coruña acolle unha nova exposición de obras dun fotógrafo de modas

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteFotografíaExposicións
Compartir:
© Profirst, Justin Paquay

© Profirst, Justin Paquay

O Peirao da Batería no porto da Coruña xa acolle unha nova exposición promovida desde a Fundación de Marta Ortega (MOP). Desde hoxe e ata o 1 de maio de 2023 está aberta ao público a mostra fotográfica "Steven Meisel 1993 A Year in Photographs". A exposición recolle o traballo de este mestre da fotografía de moda durante 1993, un ano ao parecer decisivo na súa carreira pola colaboración coa revista Vogue. Máis de cen retratos de homes e mulleres do mundo da moda e do cine como Linda Evangelista, Carla Bruni, Naomi Campbell, Hamish Bowles, Kyle MacLachlan, Claudia Schiffer, Jaye Davidson, Barbra Streisand, Marlon Richards, Isabella Blow, Amanda Harlech ou Twiggy conforman esta mostra. A Fundación MOP volve usar o espazo expositivo na zona portuaria da Coruña deseñado pola arquitecta coruñesa Elsa Urquijo e ao que o pasado ano achegáronse máis de 110.000 visitantes á exposición " Peter Lindbergh: Untold Stories".

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Fundación MOP, Fotografía, Cine...

Claves

Entidades