Máis de cen mil persoas acudiron á exposición sobre Peter Lindbergh

A mostra no peirao da Coruña organizada por Marta Ortega amosa o seu éxito en cifras

A mostra no peirao da Coruña organizada por Marta Ortega amosa o seu éxito en cifras
Imaxe da exposición
A exposición 'Peter Lindbergh: Untold Stories', promovida pola filla de Amancio Ortega n'A Coruña rexistrou unha cifra de visitantes que establece unha marca, ao superar as 110.000 persoas. Por facer unha comparación, a exposición que máis visitantes conseguiu reunir na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago, foi 'Faraón, rei de Exipto', pola que en 2021 pasaron ata 77.000 persoas. A exposición dedicada á obra e vida do fotógrafo Pdeter Lendbergh e á súa actividade relacionada co mundo da moda e a cultura mantívose aberta desde o 3 de decembro de 2021 ata o pasado 31 de marzo. O espazo ocupado por esta mostra, unha nave industrial e antigos silos no porto da cidade propiedade ambos da Autoridade Portuaria, reconvertidos para este fin pola arquitecta coruñesa Elsa Urquijo, albergará en outono un novo proxecto expositivo impulsado tamén por Marta Ortega Pérez que se dará a coñecer nos vindeiros meses.