Dez artistas seleccionados de entre o alumnado graduado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra amosan as súas obras no MARCO de Vigo como parte dun proxecto nacido ao abeiro da exposición 'Peter Lindbergh: Untold Stories' da Fundación MOP (Marta Ortega Pérez). Un convenio asinado entre esta fundación da filla de Amancio Ortega e Universidade de Vigo acordaba dedicar os ingresos xerados por aquela exposición (levada a cabo no peirao da Coruña entre decembro de 2021 e marzo deste ano) a unha iniciativa de nome 'Future Stories' que ofreceu ao alumnado da Facultade dez bolsas de 4.000 euros para o desenvolvemento de proxectos artísticos a partir dos seus Traballos de Fin de Grao. A convocatoria tamén prevía que os resultados se reuniran posteriormente nunha mostra colectiva nun espazo museístico de referencia e agora é nas salas do primeiro andar do MARCO onde poden verse as obras dos dez artistas seleccionados.
Durante o proceso de selección, o xurado composto polo decano da Facultade de Belas Artes, Xosé Manuel Buxán, as profesoras María Covadonga Barreiro e Chelo Matesanz, o crítico de arte Ramón Rozas, o director do MARCO, e a Fundación MOP como promotora do proxecto baseouse en criterios como a orixinalidade das propostas, o seu interese conceptual e temático, e a calidade formal e técnica das obras. Antía Encisa González; Carmen Suárez Marcos; César Souto Rodríguez; Elsa Bouzas; Juncal A. Castro; Laura Cid Rascado; Lucía Perdiz; Raquel Álvarez Méndez; Sandra Gutiérrez Aldao e Xoel Gómez López asinan as obras que se poden ver no MARCO de Vigo ao abeiro deste 'Future Stories' ata o vindeiro 8 de xaneiro.