Das 'historias non contadas' ás 'historias futuras': as bolsas de arte nacidas da exposición de Peter Lindbergh

O prazo de presentación é ata o 30 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Universidade de Vigo fixo pública a convocatoria de bolsas para a produción e desenvolvemento do proxecto artístico Future Stories. O anuncio é produto da colaboración entre Marta Ortega Pérez, presidenta de Inditex, e a Universidade de Vigo, "conscientes do valor e transcendencia da creación plástica e visual no desenvolvemento humano e social na sociedade galega". Co diñeiro recadado co merchandisig da exposición Untold stories de Peter Lindbergh, organizada pola empresaria na Coruña, constitúese un fondo de 40.000 euros para a realización por parte dos alumnos de "proxectos artísticos a partir dos Traballos de Fin de Grao (TFG)". Cada bolsa está dotada con 4.000 euros e o conxunto de traballos exhibirase nunha exposición colectiva. O prazo de presentación de candidaturas é ata o 30 de xuño.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, A Coruña

Claves

Lugares