A Coruña recolle as 'historias sen contar' de Peter Lindbergh

A mostra permanecerá ata o 28 de febreiro de 2022

A mostra permanecerá ata o 28 de febreiro de 2022
Sala da exposición
Hoxe abre as súas portas na Coruña a exposición Peter Lindbergh: Untold Stories, a exposición autocomisariada polo recoñecido fotógrafo de moda Peter Lindbergh, falecido en 2019. A mostra fai un percorrido por catro décadas do traballo de Lindbergh, que retratou ás figuras máis significativas da moda entre as décadas dos 80 e 2019. A exposición é o punto de partida dun programa deseñado pola nova presidenta de Inditex, Marta Ortega, "que pretende traer a A Coruña manifestacións culturais de primeira orde e, ao mesmo tempo, amosar ao mundo a gran riqueza cultural de Galicia". A exposición conta cun programa educativo paralelo coordinado coa Universidade da Coruña e "algúns artistas visuais galegos" para crear obradoiros con 2000 escolares e os beneficios do merchandising irán destinados ao proxecto "Future stories" da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A exposición acompáñase dunha edición especial do libro de Taschen Untold Stories e un novo libro, Raw Beauty incorpora entrevistas e imaxes dalgúns dos persoeiros retratados por Lindbergh, como Naomi Campbell ou Ket Moss, xunto con ensaios dalgunahs célebres figuras creativas que viven en Galicia, coma o fotógrafo Nick Knight, o arquitecto David Chipperfield. O libro tamén inclúe fotografías de Manuel Vilariño. A exposición pódese visitar no peirao da Batería da Coruña ata o 28 de febreiro de 2022.