O Porto da Coruña outorga á Fundación MOP o peirao de Batería por seis anos

A fundación de Marta Ortega buscará consolidar o seu actual proxecto cultural neste espazo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteSociedade
Compartir:
Instalación da Fundación MOP no peirao de Batería

Instalación da Fundación MOP no peirao de Batería

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria d'A Coruña ven de aprobar o outorgamento dunha concesión a la Fundación MOP, que dará continuidade ás actividades culturais da fundación no peirao de Batería da cidade herculina. A decisión tómase tras da solicitude por parte da entidade da filla de Amancio Ortega da concesión de 13.697 metros cuadrados deste espazo no peirao por un prazo de 6 anos, con posibilidade de prorroga anual outros 3 anos co obxectivo de consolidar o proxecto iniciado grazas a unha autorización en 2021 coa exposición fotográfica de Peter Lindbergh, tras do acondicionamento dunha nave e dos antigos silos de cemento. En 2022 a Autoridade Portuaria xa expresou a súa vontade de que estas instalacións continuasen a ter actividade cultural de diverso tipos como eventos audiovisuais, musicais ou de artes gráficas, e aseguraba daquela estar en contacto con diferentes entidades culturais interesadas en levar actividades ao local.

Actualmente estas instalacións están ocupadas pola mostra de obras fotográficas de Helmut Newton e tamén pasou polo peirao a exposición de Steven Meisel. A previsión que presenta a Fundación MOP na súa solicitude de concesión aprobada pola Autoridade Portuaria consiste en manter no tempo estas actividades, no mesmo espazo que xa utiliza agora grazas a unha autorización. A fundación MOP, segundo a súa definición propia, é unha entidade privada sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é a promoción e a difusión da cultura, a arte e a literatura, con especial atención ás artes audiovisuais e á fotografía. A Fundación MOP anuncou a súa intención de levar a cabo un investimento de ata 97 millóns de euros para os vindeiros anos neste proxecto.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación MOP, A Coruña, Cidade Herculina, Literatura...