O espazo expositivo do Porto da Coruña continuará a súa actividade

O local fora acondicionado para a exposición de Peter Lindbergh

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A nave do peirao de Batería que se acondicionou para a exposición fotográfica de Peter Linbergh continuará a súa actividade despois do 31 de marzo, cando está previsto que finalice a mostra. Así o aseguran responsables da Autoridade Portuaria da Coruña, propietaria deste espazo, en declaracións a La Voz de Galicia.

A cidade herculina incorporará así unha nova sala para usos lúdicos e culturais, que comprende tanto a nave como os silos anexos, nos que se instalou unha cafetaría. Polo momento non se aclarou nin o modelo de xestión do espazo nin a programación prevista para o mesmo.

O interese da Autoridade Portuaria é que o local poida acoller eventos audiovisuais, musicais ou de artes gráficas, e asegura que xa está en contacto con diferentes entidades culturais interesadas en levar actividades ao local.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Cidade Herculina

Claves

Entidades