David Bailey protagoniza a nova exposición da Fundación MOP

A primeira retrospectiva no estado deste fotógrafo de moda poderá verse na Coruña ata o vindeiro 14 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Jean Shrimpton fotografada por David Bayley. Fonte: Fundación MOP

Jean Shrimpton fotografada por David Bayley. Fonte: Fundación MOP

Este sábado 28 de xuño abre as súas portas a nova proposta da Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) na Coruña. David Bailey's Changing Fashion é o título da exposición, que supón a primeira retrospectiva a nivel estatal deste prestixioso fotógrafo de moda. A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 14 de setembro no Peirao de Batería.

Segundo sinala a presentación do proxecto, Bailey "asaltou o mundo da moda cambiando o ambiente artificioso do estudio pola crúa realidade das rúas" e tivo un impacto decisivo na fotografía durante os anos 60 e 70. Series coma Box of pin-ups que se pode ser nesta mostra, ou os retratos de Beatles e Rolling Stones fan parte dun legado no que destaca tamén o seu papel como fotógrafo principal da prestixiosa revista Vogue.

Un total de 140 fotografías destas décadas compoñen a exposición, a incluír traballos inéditos e retratos de celebridades como Mick Jagger, Rudolf Nuréyev, Jean Shrimpton, Michael Caine ou Cecil Beaton. Como primeira actividade paralela ao proxecto, a modelo Penelope Tree e Catherine Bailey manterán este día 30 un encontro moderado por Tim Marlow, comisario da mostra. Este é a quinta grande exposición de fotografía que organiza a Fundación MOP na Coruña.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, A Coruña, Fundación MOP, Fotografía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares