Desde este 23 de novembro e ata o vindeiro 1 de maio o Peirao de BaterÃa da Coruña acolle a exposición Irving Penn. Centennial. A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) achega ao noso paÃs esta antoloxÃa do traballo dun fotógrafo que desenvolveu a súa traxectoria desde os anos 30 do século XX ata o comezo do XXI, a marcar a estética da revista Vogue coas súas creacións.
Un total de 175 imaxes repasan "desde os seus exquisitos nus e estudos florais, até os seus enormes e maxestosos bodegóns, confeccionados con cabichas ou vasos de plástico chafados, pasando polos retratos perfectamente encadrados de celebridades (Marlene Dietrich e Audrey Hepburn, entre outras), ou de comerciantes, vendedores das rúas e habitantes de Dahomey, Nova Guinea, Cusco, ou de onde queira que o seu infatigábel espÃrito igualitario o guiase", explica a presentación do proxecto.
Artellada en doce seccións, unha singularidade da mostra é amosar o pano orixinal que Penn empregou ao longo de medio século nos seus diferentes estudos. Esta peza teatral acabou por se converter nunha auténtica sinatura das súas fotografÃas.
Esta é a cuarta exposición que a Fundación MOP achega ao Peirao de BaterÃa desde que comezou a súa actividade en 2021 coa dedicada a Peter Lindbergh, ás que seguiron propostas protagonizadas por Steven Meisel e Helmut Newton. A actuaal está organizada por The Metropolitan Museum of Art de Nova York e a Fundación Irving Penn, con comisariado de Jeff L Rosenheim. O horario de visitas é das dez da mañá ás oito da tarde de luns a xoves, co feche unha hora máis tarde nos venres. Durante a fin de semana a apertura será ás 11 da mañá e o feche de novo ás 20 horas.