Jean Shrimpton, 1965 © David Bailey
A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ven de dar a coñecer a súas seguintes exposicións para esta primavera e o verán. Como prato forte preséntase a mostra do fotógrafo de moda David Bailey, 'David BaileyÂ’s Changing Fashion', a quinta que organiza a fundación sobre icónicos fotógrafos da historia da moda. Bailey foi un definidor da revolución creativa e cultural que deu impulso á vibrante escena londiniense dos anos 60. A mostra que se inaugurará o 28 de xuño de 2025 no Peirao de BaterÃa da Coruña, somerxerá aos visitantes no glamour e a enerxÃa das décadas de 1960 e 1970. Contará con máis de 140 fotografÃas destas décadas, algunhas delas inéditas, e permanecerá aberta ata o 14 de setembro. Na exposición poderanse ver tamén a membros da escena londiniense, desde Mick Jagger a Rudolf Nuréyev, Shrimpton, Michael Caine, Cecil Beaton e, aos coñecidos gánsteres Ronnie e Reggie Kray, todos eles membros di cÃrculo de Bailey.
Antes desa gran exposición, entre o 20 de maio e o 17 de xuño, o Silo do Centro MOP acollerá a exposición colectiva 'Future Stories' coas obras de catro novos fotógrafos galegos: Alba Chan, SofÃa Dagá, LucÃa Novais e Adrián Ramos. Durante tres meses, estes titulados en FotografÃa polas escolas de Arte e Superior de Deseño de Santiago de Compostela, A Coruña e Ourense mantiveron en Milán un intenso programa académico con foco na fotografÃa de moda financiado pola Fundación MOP e deseñado pola Fondazione Sozzani, durante o cal desenvolveron os proxectos artÃsticos que se exporán agora.