Alexandra Ranner: "Gruppe von drei Figuren", 2023
Rumor, supón a primeira exposición individual da artista alemá Alexandra Ranner nun museo de España. O Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela acolle esta mostra ata o 27 de setembro. Rumor parte dunha selección de traballos da artista berlinesa, que atinxen á fotografía, á escultura, á instalación ou ao vídeo. A mostra realiza un percorrido pola súa traxectoria como artista desde o ano 2003 ata a actualidade.
Segundo explica a comisaria Piedad Solans na folla de sala, a obra da artista alemá está marcada pola dificultade para identificar categorías precisas, aborda temáticas como a soidade, o colapso, a indefinición do espazo, os lugares anteriores ou posteriores a unha catástrofe, a suspensión de estados e acontecementos ou o tempo entre un pasado arcaico ou estático e un futuro por acontecer. E faino mediante a representación de seres humanos e animais, paisaxes, arquitecturas, interiores e ruínas.
Alexandra Ranner (Osterhofen, 1967), estudou Belas Artes nas academias de Lisboa e Múnic e súa obra foi recoñecida con premios en Alemaña e exposta en citas de arte internacionais, como a Bienal de Venecia, Trienal de Yokohama ou a Exposición Internacional de Arte de Atenas. Ademais, as súas creacións forman parte das coleccións de museos e centros de arte como o Museu de Arte Contemporânea Armando Martinsde, de Lisboa; o Mumokm de Viena; a Pinakothek der Moderne e a Städtische Galerie im Lenbachhaus, de Múnic, ou no mesmo no Centro Galego de Arte Contemporánea. As súas pezas están presenten, ademais, en diversas coleccións privadas españolas e alemáns, entre as que destacan a Oliva Arauna. a Fundación ARCO, a Pilar Citoler e as Wemhöner, Sammlung Goetz e Falckenber.



