
Segundo explica a presentación da mostra, "Hamilton presenta unha serie de traballos nos que de maneira poética reformula o entendemento dalgúns conceptos como: equilibrio / desequilibrio, igualdade / desigualdade, regulación / des-regulación, individuo / comunidade. Para isto, utiliza elementos comúns no mundo do traballo da construción e a albanelerÃa como aplanadores, ladrillos e lixas. Creando composicións simples e económicas Hamilton xoga con diversas connotacións da palabra ladrillo" e "introduce procedementos e elementos que remiten á memoria colectiva, como por exemplo, a dos movementos sindicais no caso das esculturas Pirámide e Pirámide invertida, pintadas en vermello e negro; as pinturas/collages feitos con lixa e elaboradas de maneira mecánica e repetitiva ao modo dun albanel que constrúe un muro ou pavimento; asà como, as dúas fotografÃas de obxectos e arquivos atopados, dispostos en clave «construtivista» á maneira de naturezas mortas".