Berta Cáccamo. Enteiramente pintado: rexistro dun percorrido vital é o título da primeira exposición que se lle dedica á artistas galega logo da súa morte. Un ano e medio logo do seu pasamento a sala de exposicións Pazo de Torrado en Cambados abre as portas, este venres 27 de setembro, dunha selección de corenta cadros da artista canda a cadernos, debuxos e diferentes obxectos que repasan a súa traxectoria creativa. A exposición, que Cáccamo comprometera en vida, desenvolveuse grazas á colaboración do seu irmán, Xosé María Álvarez Cáccamo co comisario Juan de Nieves. A mostra estará aberta ata o vindeiro 3 de novembro.
Ademais da exposición, tanto Xosé María Álvarez Cáccamo como Juan de Nieves, canda a Carlos Bernárdez anunciaron que están a traballar para conservar e clasificar a obra da artista. Arredor de douscentos cadros, cadernos e moito outro material da artista están espallados entre o domicilio, o estudio e diferentes galerías. Os custodios deste legado barallan diferentes fórmulas para que o material estea accesible ao público no futuro.