Hoxe abre no edificio Castelao do Museo de Pontevedra a mostra 'Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo', comisariada por Juan de Nieves. Ata o 9 de xuño as salas do museo acollerán diversos tipos de pezas que buscan presentar un percorrido retrospectivo por 33 anos de traxectoria de Berta Cáccamo (Vigo, 1963 -2018), desde mediados dos anos 80 ata o seu falecemento. As obras expostas inclúen arredor de 40 pinturas e máis de 30 papeis xerados pola artista nas diferentes cidades nas que viviu e traballou: Vigo (Coruxo), Barcelona, ParÃs e Roma. Ao longo da súa vida, Cáccamo escribiu e debuxou nun extenso número de cadernos, ata o punto de que segundo a perspectiva desta mostra poderÃa reconstruirse o seu pensamento artÃstico e vital lendo as súas notas e reflexións e observando os seus bosquexos, debuxos e diagramas. Asà mesmo, tamén é autora dunha serie de breves fragmentos textuais que aparecen con frecuencia en papeis soltos e pequenas axendas.
O proxecto expositivo, concibido especificamente para o Museo de Pontevedra, aborda unha perspectiva inédita ou pouco explorada ata hoxe: a importancia do arquivo de Berta Cáccamo, entendido desde unha visión complexa e expandida, e as súas conexións directas coa pintura e coa súa obra en papel ao longo de toda a súa traxectoria artÃstica. A través da súa escrita reflexiva incluÃda en cadernos pero tamén en pequenos obxectos ou composicións, precarios no que se refire á procedencia dos materiais escollidos a mostra achégase á comprensión da súa ollada sobre o mundo e as cousas. O 85 % das obras exhibidas pertencen ao Legado Berta Cáccamo e o 15 % a coleccións públicas e privadas en Galicia e no resto de España. Entre as institucións que ceden obra para esta exposición destacan o Museo Nacional Centro de Arte Reina SofÃa; Colección La Caixa; Colección Banco de España; Colección Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e Colección Afundación.