Morre a artista Berta Cáccamo, unha das grandes representantes da abstracción pictórica

Faleceu onte en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A artista plástica Berta Cáccamo (Vigo, 1963) finou onte en Vigo "de maneira inesperada", segundo anunciou a editora Chan da Pólvora, coa que a pintura publicou o seu derradeiro libro, Tinta de luz, escrito en colaboración co seu irmán Pepe Cáccamo. Cáccamo recibira o ano pasado o Premio da Cultura Galega no apartado de plástica, e aínda realizou a súa última exposición en 2017 coa Galería Trinta. Iniciouse na arte nos anos 80, vinculada ao Grupo Atlántica, e hoxe en día a súa pintura abstractiva e conceptual figura en destacadas coleccións de todo o país.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Berta Cáccamo, Galería, Premio da Cultura Galega...

Claves

Protagonistas
Lugares