O Auditorio de Galicia exhibe a arte galega do último cuarto de século

Pintura de longo percorrido

Salvador Cidrás, Laxeiro, Berta Cáccamo... así ata un total de cen artistas que forman o mellor e o máis recoñecido do último cuarto de século. Unha mostra que arranca coa renovación da plástica galega, da paso ó abstracción, á innovación da linguaxe, de aí ó grupo "Atlántica" rematando con un guiño ós principais autores que despuntaron na última décda do século XX e que continúan co seu traballo na actualidade. Unha mostra ben completa que exhibe pezas que forman parte da Colección Caixanova e que se agrupa baixo o título "Unha visión da arte contemporánea galega" . A cita coa arte está ata o 28 de xullo no Auditorio de Galicia.

Os inicios: os renovadores




A mostra pretende facer un percorrido cronolóxico polo que deu de si a arte galega. E faino comezando unha mostra polos inicios. Arranca pos con "Os novos", o grupo de artistas que supuxeron unharenovación da plástica galega e que desenvolveron o máis importante súa tarefa creativa na cuarta década do séuclo vinte. Así, están obras de Maside, Colmeiro, Laxeiro, Souto ou Luis Seoane. E neste apartado, tamén se fai un guiño ós pintores que se adentraron no surrealismo que ten en Granell, Maruja Mallo e Urbano Lugrís os seus máximos representantes.













Segundo camiño: abstracción





E neste percorrido pola expresión artística da arte, a exposición fai para e fonda nos creadores que desenvolveron tarefa artística na abstracción na década dos anos sesenta, investigando as novas linguaxes, que e formas. E a exposición pretende plasmar estes cambios de tendencia, e faino coas obras de Mampaso, Molezún, Novoa ou Reimundo Patiño, entre outros. E da abstracción á figuración, foron adaptando cada un ó seu propio estilo. E neste grupo están Xaime Quessada, Tino Grandío, Pausa, María Antonia Dans ou Costa Beiro.

No seu percorrido polos oitenta figuran artistas que formaron parte do movemento "Atlántica" ", un grupo que desenvolveu a súa faceta creativa en soportes como a pintura. Un grupo que se caracteriza coas súas ideas neoexpresionistas, de xeito tamizado, e co aire fresco que proporcionaron os novos artistas que foron xurdindo no panorama galego, determinaron que na década dos noventa se dese un replantexamento das formar artítisticas. Neste período houbo unha serie de datas claves dentro deste novo grupo. E esa foi 1993, momento no que se levou a cabo a mostra "30 anos no 2000" que comisariou Miguel Fernández-Cid e que se interpretou como o primeiro intento de agrupar a artistas da identidade. Artistas novos que, tal e como reza o título da exposición, cumplirían 30 anos no ano 2000. Dous anos máis tarde, no 1995, eses novos licéncianse, co que se constitúe así a primeira promoción saída da facultade de Belas Artes de Pontevedra. Coa mostra que se inaugurou onte en Madrid, constituíuse outro intento de agrupación de artistas que amosan un sentir común, aínda que con experiencias vitais e artísticas que, ás veces non teñen moito en común. E deste grupo a exposición incorpora obra s de Antón Patiño, antón Goyanes e Menchu Lamas.






E o punto e seguido



E a exposició pasa o moemtno actual con dúas tendencias. A primeira delas é a de expoñer obras de quen iniciou a súa andaina no mundo da arte na última década do século XX e que continúa hoxe exhibindo. Son Berta Cáccamo, Pamen Pereira e Salvador Cidrás. Son promesas e valores que se van consolidando pouco a pouco.

E, por último referenciar que aínda que a exposición acolle pintura basicamente, tamén ten tempo para a escultura. E faino con pezas tradicionais de Failde, e vai avanzando pouco a pouco con Jorge Barbi, Leiro ou Manolo Paz.