A Fundación MOP monta unha retrospectiva inédita sobre Annie Leibovitz

A mostra que reunirá máis de cinco décadas de traballos variados da afamada fotógrafa abrirá o vindeiro 22 de novembro

A mostra que reunirá máis de cinco décadas de traballos variados da afamada fotógrafa abrirá o vindeiro 22 de novembro
Ben Stiller, Jacquetta Wheeler, Ai Tominaga, Karolina Kurkova, Oluchi Onweagba, and Stella Tennant, 'Paris', 2001. © Annie Leibovitz
A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) traerá ao seu espazo expositivo no porto da Coruña a primeira gran retrospectiva feita en España dedicada á obra da fotógrafa de Annie Leibovitz. Con título de 'Wonderland', a partires do vindeiro 22 de novembro poderase ver un percorrido pola carreira da afamada fotógrafa e retratista, referente da historia cultural desde fai máis de cincuenta anos. Durante todo ese tempo os seus retratos das figuras da escena cultural e intelectual sacaron á luz o lado máis humano escondido tras da fachada dos máis coñecidos rostros do planeta. Como dixo Bruce Springsteen, 'o xeito en que Annie te retrate será o xeito no que o mundo te verá'. Esta é a primeira das grandes mostras fotográficas da Fundación MOP dedicada a unha muller.

A exposición arranca cos seus primeiros anos, nos que labrou unha excelente reputación polos seus retratos íntimos de músicos como Bob Dylan, Grace Slick, John Lennon, Mick Jagger ou Keith Richards para a revista Rolling Stone, e percorre despois a súa traxectoria polo mundo da arte, o cine, a música, o deporte e a política, para dar paso, por último, a unha ampla selección da súa fotografía de moda, gran parte da cal nunca foi exposta ao público e que constitúe a alma desta mostra. Wonderland consta de catro secciones diferenciadas que nunca antes foron presentadas xuntas nunha única mostra. A exposición arranca cunha instalación inmersiva do traballo de Leibovitz cos Rolling Stones, cando, en 1975, Mick Jagger lle pedíu que fose a fotógrafa da xira da banda. A continuación, as seccións 'Early Years' e 'Stream of Consciousness' amosan a evolución dos códigos da fotógrafa nos seus diferentes estilos e plasman o seu proceso de creación a e súa voz narrativa. Ambas secciónes presentan coñecidos retratos de escritores, intérpretes e artistas visuais emblemáticos, xunto con imaxes de paisaxes, interiores e obxectos.

A derradeira sección, que dá título á exposición, 'Wonderland', presenta máis de 100 impresións e instalacións de vídeo sobre o seu traballo no mundo do estilo e a moda. Desde as súas primeiras reportaxes para Vogue, que bebían dos contos de fadas que lía ás súas fillas, Annie foi construíndo unha formidable obra que inclúe algunhas das imaxes de moda máis icónicas de todos os tempos. A exposición está acompañada por unha película e unha publicación producidas para a ocasión pola Fundación MOP con entrevistas con estreitos colaboradores de Leibovitz ao longo da súa carreira. A mostra permanecerá na Coruña ata o 1 de maio de 2026.