O Concello de Lalín convoca a sétima edición da bienal Pintor Laxeiro

Bienal en maio

24/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Moitas obras e mesas redondas, pero sobre todo moita arte. Estes son os piares que centran unha nova edición da Bienal Laxeiro que acaba de anunciar o concello de Lalín para o vindeiro mes de maio. Os que desexen participar deberán remitir os dossieres das súas obras entre o 4 e o 19 de febreiro para o que o xurado, composto polo catedrático José Manuel García; o decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Xesús Hernández; a directora do MARCO, Carlota Álvarez e Francisco Lareo, presidente da Fundación A Solaina faga a selección. A exposición abrirá as súas portas no Museo Municipal do 13 de maio ao 3 de xuño, prazo no que se desenvolverán as “Discusións redondas”, as actividades paralelas que abordarán a arte desde outros puntos de vista.

Máis información no web do Concello de Lalín

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Lalín, Lalín, Laxeiro, Manuel García...