A Fundación Laxeiro exhibe debuxos inéditos do pintor

Inéditos e Bienal

28/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xosé Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro, está estes días de actualidade por varios motivos. Dunha banda porque a fundación que leva o seu nome, exhibirá fondos do autor que nunca se amosaran por formar parte de coleccións privadas. Será en Vigo e levará por título “Laxeiro, debuxos inéditos IV, retratos sobre papel”. Da outra, porque o concello de Lalín, onde naceu o artista, acaba de presentar unha nova edición da Bienal Laxeiro. A cita comezará o vindeiro 11 de maio e pretende dar a coñecer a novos creadores plásticos.

Máis información sobre os inéditos en El Correo Gallego; sobre a bienal no web do Concello de Lalín e na nosa hemeroteca; e sobre Laxeiro web da Fundación

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Concello de Lalín, Lalín, Fundación Laxeiro...