A Fundación Laxeiro crea en Lalín un centro para estudar a obra do artista

A razón de Laxeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os concellos de Vigo e de Lalín están máis unidos grazas ao pintor Laxeiro. Foron as dúas localidades ás que estivo vencelladas o artista e que acaban de subscribir un convenio de colaboración para crear na capital do Deza o "Centro de Estudos Laxeirianos". Este espazo dedicarase ao estudo da vida e da obra do pintor e enmárcase dentro das actividades que promove a Fundación Laxeiro. O centro inaugúrase cun traballo en carteira: a creación dun "Catálogo Xeral Razoado", é dicir, un volume que inclúe textos explicativos de súa vida e obra e que ten previsto a súa edición para o 2008, cando se cumpre o centenario do seu nacemento.

Máis información en El Correo Gallego, sobre Laxeiro na nosa hemeroteca e no web da Fundación

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Fundación Laxeiro, Lalín, Culturagalega...