A Fundacion Laxeiro concédelle o seu premio a Isaac Díaz Pardo

Outro máis

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Isaac Díaz Pardo suma un premio novo á súa xa longa lista de recoñecementos. O último é o premio que concede a Fundación Laxeiro pola súa traxectoria en favor do galeguismo. Ademais, o padroado aprobou o orzamento para o 2007, que contará este ano con 229.000 euros. Entre as actividades previstas para este ano está reforzar a investigación en detrimento da exposición e avanzar na terceira fase da catalogación universal, co remate da informatización dos aproximadamente dous mil rexistros que teñen conseguidos.

Máis información no Faro de Vigo, no web da Fundación Laxeiro e sobre esta entidade na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Fundación Laxeiro, Faro de Vigo...