A Ínsua dos poetas situada na Esgueva, O Carballiño, acolle desde o pasado sábado unha escultura de homenaxe a Carlos Casares. Manuel Buciños é o autor de Vento ferido, un traballo que lembra o autor de Xinzo que foi celebrado no Día das Letras Galegas deste ano. A inauguración do conxunto realizouse no marco da IX Festa da Palabra, dedicada a Casares polo seu labor como autor e a prol do libro e da lectura en Galicia. No mesmo, o presidente da Fundación Ínsua dos Poetas, Luis González Tosar, anunciou a vindeira publicación do volume Carlos Casares na Ínsua dos Poetas da man do Parlamento de Galicia.
Canda a Tosar, participaron no encontro personalidades como o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez ou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, así como familiares do homenaxeado. No transcurso do acto entregáronse tamén os premios Setecarballas da Insua dos Poetas, que foron para Antón Pulido, Miguel Anxo Fernán-Vello, o Centro Partido do Carballiño en Bos Aires, a plataforma Ríos limpios, Carlos Guitián, o Diario Cultural da Radio Galega e o grupo de teatro Tiruleque.