A XI Festa da Palabra homenaxeará a Antón Tovar

A Ínsua dos Poetas do Carballiño acollerá o evento o vindeiro 20 de xullo

5/7/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Fundación Insua dos Poetas convocou para o vindeiro vinte de xullo a súa décimo primeira Festa da Palabra. Desta volta, o evento homenaxeará o poeta, narrador e ensaísta Antón Tovar neste espazo situado en Esgueva, O Carballiño. No acto participarán estudosos da figura homenaxeada ademais de recitais poéticos. Tamén se poderá escoitar un concerto baseado no seu traballo e situarase na ínsua un mural en recoñecemento da súa persoa.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Tovar, Carballiño

Claves

Protagonistas
Lugares