A Insua dos Poetas acollerá a IV Festa da Palabra

Celso Emilio Ferreiro protagoniza o vindeiro 28 de xullo o programa

26/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A coincidir co centenario de Celso Emilio Ferreiro, a IV Festa da Palabra conmemorará o poeta de Celanova na Ínsua dos Poetas. Este espazo de Esgueva-Madarnás (O Carballiño) acolle o vindeiro sábado 28 un programa que inclúe intervencións de Ramón Nicolás e de Luís González Tosar e mais a entronización da escultura Irmaus de Manuel Penín. Canda a isto entregaranse os premios Sete Carballas, e un recital poético e mais un xantar de fraternidade fecharán o programa. Os actos están coordinados pola Fundación Insua dos Poetas, que preside Luís González Tosar.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Luís González Tosar, Ramón Nicolás, Carballiño...