Unha instalación pictórica de Antón Pulido e as actuacións musicais de Aurum Ensemble e de Airiños de Candelas centran os actos da XV Festa da Palabra. A Fundación Ínsua dos Poetas celebra o evento o vindeiro 29 de xullo neste espazo de Esgueva, no Carballiño, a celebración que desta volta homenaxea o poeta Arcadio López-Casanova.
López-Casanova, falecido en 2022, destacou pola súa actividade poética e e docente, ademais de manter amizade co presidente da entidade organizadora do evento, o tamén poeta Luis González Tosar. Na festa entregaranse tamén os premios anuais da fundación, que aínda non se fixeron públicos.