Unha intensa actividade conmemorará a Celso Emilio en Celanova

O centenario do poeta celébrase os días 20 e 21 de xuño

11/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Biblioteca de Celanova acolle os vindeiros 20 e 21 de xuño os actos do ciclo No centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Cinco exposicións, a presentación dun libro de textos literarios da comarca, oito producións audiovisuais dos centros de ensino da zona, dous recitais musicados e diferentes intervencións compoñen o groso deste programa. Os actos están coordinados pola biblioteca e mais a Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova e Baixa Limia coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Fundación Celso Emilio Ferreiro.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Celso Emilio Ferreiro, Escritores, Exposicións...