Galicia celebra o centenario de Celso Emilio o 12-12-12

Lecturas, homenaxes e presentacións lembran o poeta de Celanova

11/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O centenario de Celso Emilio Ferreiro, que se celebra mañá, 12 de decembro de 2012, está a concitar diferentes homenaxes por todo o país. Deste xeito, alumnos de centros de ensino de todo o país participarán mañá, ás 12 da mañá na iniciativa RecitandoCelsoemiliO. O proxecto, artellado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propoón un recitado colectivo e simultáneo do poema Deitado fronte ao mar do escritor de Celanova. Pola súa banda, o restaurante Rúa, de Compostela, acollerá a homenaxe Lembrando a Celso Emilio Ferreiro coa intervención do crítico Ramón Nicolás e de Aser Álvarez. O acto inclúe tamén un recitado a cargo de Xiana Arias e Luz Fandiño, e unha actuación musical de O Leo. Tamén a coincidir coa data, a TVG estreará o documental 100% CEF, no que Luís Tosar interpreta o poeta e que está dirixido por Aser Álvarez.

De cara a vindeiros días, continuarán os actos de lembranza, como a presentación do libro colectivo Cartafol de Soños, no que doce poetas homenaxean a Celso Emilio. Será o vindeiro día 20 no local Portas Ártabras da coruña. Pola súa banda, os días 19, 20 e 21 de decembro do 2012, o alumnado do Instituto Fernando Wirtz da Coruña recitará poemas do autor nos estudios de Radio TV Wirtz.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Celso Emilio Ferreiro, Luz Fandiño, Luís Tosar...