O Ateneo de Madrid lembra o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro

Un recital poético e a proxección dun documental, entre as actividades previstas

11/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

En 1974 Celso Emilio Ferreiro fundou a Aula de Cultura Galega do Ateneo de Madrid. Polo tanto, non é de extrañar que este espazo acolla unha xornada para conmemorar o centenario do seu nacemento. Organizada pola Agrupación de Estudos Galegos, Xesús Alonso Montero, Méndez Ferrín, Carmen Mejías falarán sobre o intelectual. Canda el, habera un recital poético a cargo de Luz Pichel e Fermín Bouza. Entre as actividades programadas tamén figura a proxección do documental biográfico sobre Celso Emilio Ferreiro 100% CEF, dirixido polo galego Aser Álvarez.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celso Emilio Ferreiro, Madrid, Documental, Xesús Alonso Montero...