A Festa da Palabra homenaxeará a Xosé María Díaz Castro

O encontro celebrarase o 9 de xullo na Ínsua dos Poetas, no Irixo

12/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Xosé María Álvarez Castro, autor do poemario Nimbos será o protagonista da III Festa da Palabra, que organiza o PEN Clube de Galicia. O evento celebrarase, como nas edicións anteriores na Ínsua dos Poetas, no límite entre os concellos do Irixo e do Carballiño. Desta volta o presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, actuará como mantedor, e o acto incluirá a inauguración dunha escultura de Xosé Cid sobre o poema Penélope, de Díaz Castro, así como de lecturas de poemas deste autor e mais dun xantar dos literatos participantes con veciños da zona. Na actualidade está a se constituír a Fundación Ínsua dos Poetas, que pretende coordinar as actividades nestes espazo así como vencellar protección ambiental e mais creación.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Díaz Castro, Xosé María Díaz Castro, Méndez Ferrín, Xosé María Álvarez...