Producións Excéntricas recupera Monstros en homenaxe a Piti Sanz

Marcos Orsi ocupa o posto do falecido músico nesta montaxe para público infantil

O auditorio de Tomiño acolle este domingo 5 de outubro unha nova función de Monstros, espectáculo de Producións Teatrais Excéntricas galardoado co premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil. A compañía inicia deste xeito unha nova xira da montaxe en homenaxe a Piti Sanz, músico falecido o pasado mes de maio.

Segundo lembra a compañía, "Piti Sanz, rocker e pallaso, deu neste espectáculo o mellor das suas duas artes. A personaxe de Max, un neno que vive no seu mundo interior e que se expresa coa música, foi unha creación máxica de Piti, que lograba hipnotizar ao público infantil". Marcos Orsi, que tamén é director da obra, ocupará o seu lugar na nova xeira desta montaxe.

Logo da parada en Tomiño, a xira continuará o 19 de outubro cunha dupla sesión no Teatro Principal de Pontevedra, e o 11 de abril de 2026 en Santiago como Compostela como seguintes paradas confirmadas.