Coincidindo co seu 15º aniversario a compañÃa Producións Teatrais Excéntricas presenta este ano unha montaxe, CARTOÓNS, que amplÃa o seu abano xenérico entrando xa nos espectáculos para público infantil. Feito en coprodución con Teatro de Adro, CARTOÓNS é un proxecto creado na súa totalidade por VÃctor Mosqueira e Josito Porto coas colaboracións de Kukas (na escenografÃa e no deseño gráfico), Quico Cadaval (na dirección) e Pepe Quintela (na iluminación). Un espectáculo de estilo clown e musical, de 60 minutos de duración dirixido especialmente a nenos de 4 a 12 anos, sen esquecer a todo tipo de público familiar. A estrea será este sábado 13 de abril ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Rianxo, con entrada de balde ata completar aforo. Ao dÃa seguinte, domingo 14 de abril, haberá unha nova función no festival do Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui ás 19:00 horas no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira (Silleda).
No espectáculo dous pallasos preséntase como personaxes abandonados nas marxes do sistema. Poden estar na marxe do primeiro mundo, e seren seres que se ven obrigados a exiliarse da guerra da súa patria, para instalarse nos valados instalados na porta da UE ou dos USA. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo. Ou, para non viaxar tanto, poden ser marxinais que viven na marxe da nosa sociedade e converten en luxo o noso lixo. Os clowns, que teñen algo de debuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartón, esa materia valiosÃsima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente. O cartón serviralles para construÃr casas, tubarias do gas, cortinas das xanelas, revisteiro, rolo de papel hixiénico, bandexas, edredóns, motos, parasol de praia, catalexe, esquÃs, ponchos, avións ,emparrados, etc. As escenas descritas, estimulan no auditorio infantil o impulso lúdico, a capacidade mimética, a plasticidade imaxinativa e a creatividade orientada. Trala estrea de Rianxo e a función en Bandeira, CARTOÓNS ten outras tres datas confirmadas, o 10 de maio na Illa de Arousa, o 2 de xullo na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e o 21 de setembro na Pobra do Caramiñal.