Chega a Compostela Os amores de Jacques o fatalista

Producións Teatrais Excéntricas adapta un texto de Diderot na súa nova montaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Despois de estrear en Carballo e de visitar Noia, Producións Teatrais Excéntricas chegaba onte a Compostela coa súa nova montaxe. A compañía adapta en Os amores de Jacques o fatalista un texto de Diderot no que Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e mais Piti Sanz dan vida a diferentes personaxes baixo a dirección de Quico Cadaval. Unha comedia con ambientación de época e música orixinal que aproveita ao máximo un escenario case espido. Logo da visita a Compostela, que remata o vindeiro Domingo, a obra continuará xira pola Estrada (18 de marzo) e mais pola Rúa (27 de marzo).

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Producións Teatrais Excéntricas, María Costas, Quico Cadaval, Piti Sanz...