Tras ter que aprazar a preestrea a estrea previstas, a compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea este sábado 27 no Teatro Rosalía de Castro da Coruñaa súa nova montaxe Estrela do día. Con personaxes sacadas das miniaturas medievais das cantigas de Santa María do século XIII, Quico cadaval compón un retablo do século XX encarnado sobre as táboas por un elenco Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez baixo a dirección de Marcos PTT Carballido. Estrela do día é unha "comedia divina", chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena para ofrecer aos espectadores unha visión actualizada das milagres de Santa María aplicadas aos problemas actuais.
A compañía fixo residencia artística para a preparación da montaxe na Casa de Cultura do Concello de Outes desde o 5 de xaneiro e alí tiñan pensado levar a cabo unha representación que non foi posible dadas as restricións pola pandemia, comot ampoco foi posible a estrea prevista o pasado 5 de febreiro no Teatro principal de Santiago. Finalmente, no teatro Rosalía de Castro da Coruña a estrea terá lugar este sábado ás 20:00 horas, coa capacidade reducida a unhas 166 butacas. Tras A Coruña, a xira prevista do espectáculo pasará por Lugo (4 de marzo), Muros (10 de abril), O Barco de Valdeorras (14 de maio), Narón (22 de maio) e Santiago (3 e 4 de xuño).