Excéntricas aposta por Roland Topor na súa nova montaxe

Da Vinci tiña razón poderá verse entre o 16 e o 19 de xaneiro en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Excéntricas aposta por Roland Topor na súa nova montaxe

O Teatro Principal de Compostela acolle este 16 de xaneiro a montaxe de Da Vinci tiña razón, o novo proxecto de Producións Teatrais Excéntricas sobre un texto de Roland Topor. Quico Cadaval dirixe un elenco composto por Evaristo Calvo, María Costas, María Garat, Víctor Mosqueira, Santi Romay e Ana San Martín nunha obra que se burla da comedia burguesa desde a perspectiva dun dos membros do coñecido grupo Pánico. Na representación a idílica estancia nunha casa de campo vese alterada cando o baño se atasca e comezan a fluír os desperdicios. A obra poderá verse na capital galega ata o vindeiro domingo 19.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Evaristo Calvo, María Costas, Quico Cadaval, Teatro...