
A historia de Medida x Medida acontece en fidelidade co escrito por Shakespeare nunha Viena surrealista onde mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cai a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xoven de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres dias coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a súa brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldes serán o labirinto que percorre Isabella na súa carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecÃbel baixo o hábito de frade mendicante. A escenografÃa e o vestiario serán de Suso Montero, que colabora de novo con Excéntricas tras A Cabeza do Dragón, a dirección musical de Bernardo MartÃnez e o deseño de iluminación de Dani Juncal.