Rita Doallo gana o premio Simbad de literatura infantil

O premio está galardoado con 3.000 euros

18/9/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
51 lecturas | Compartido 0 veces

Rita Doallo e Fina Casalderrey. Foto: AGADEA

A escritora Rita Doallo fíxose co IV Premio Simbad de Literatura Infantil coa obra Astralistoria, un relato que "combina maxia, imaxinación e memoria". O premio está convocado por AGADELA Alzheimer e ten unha dotación de 3.000 euros. O obxectivo do premio é "concienciar a sociedade sobre a enfermidade do Alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade", segundo as súas bases. Deste xeito, o núcleo temático das obras presentadas teñen que xirar arredor "da enfermidade do Alzhéimer e outras doenzas próximas de deterioración cognitiva". O premio foi entregado onte na biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Ánxel Casal, Identidade, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas